Observaciones |
|
|
A música de Terrakota está enraizada na África Negra, aínda que bebe sonoridades do Sahara, do Caribe, da India, de Occidente, e que crece baixo o sol xamaicano. Partindo de harmonías e ritmos tradicionais africanos e utilizando unha serie de instrumentos de distintos puntos do globo, xuntamente cos elementos convencionais da música pop e rock (guitarra, baixo e batería).
Así, a música de Terrakota pódese describir como unha efervescente fusión de sonoridades provenientes tanto da continente-nai como dos destinos migratorios do pobo africano. Todas estas influencias (reggae, sons do Sahel, música mandinga, wassolou, música árabe, ritmos afro-cubanos, etc...) catalízanse nunha reacción de enerxías vibrantes e explosivas que en directo rematan convertidas nunha grandísima festa.
|