Observaciones |
|
|
A segunda representación do ciclo "Teatro en Familia" está prevista para o sábado día 9, ás 18:00 horas. Trátase de “O son das cousas”, da compañía Sapristi. O son do vento, os bocexos, o croar das rás, o ladrido dun can, o repenicar dunha gota, o tic tac dun reloxo... estes e outros moitos sons forman parte da linguaxe deste espectáculo. Sara e Berta, escoitadoras e recolectoras de sons, andan de aquí para alá e xogan con canto se atopan ou recordan. Un espectáculo de clown, para público de 3 a 5 anos. Un xoguete escénico sonoro visual que fai unha viaxe lúdica por situacións cotiás, ao son das cousas. |