Observaciones |
|
|
Concerto previsto para a praza lateral do auditorio, no paseo de Elpidio Villaverde, en dirección ó porto deportivo.
Como a maioría dos grupos, “Lactantes” nace dunha simple reunión de amigos que se xuntan para pasar unha tarde tocando versións dos seus grupos e cantantes favoritos. Cun estilo máis próximo ao Rock que ao Pop, aínda que con matices un tanto peculiares, debuta en marzo de 2005 cun concerto en Armenteira (Meis - Pontevedra), á vez que grava a súa primeira maqueta en directo con cinco temas propios. Lactantes é unha idea, un estilo, un xeito de entender a música e, sobre todo, un grupo de amigos que fan música para divertirse.
“Renegados del funk” é unha banda nacida no apoxeo punk vilagarcián de principios de século que persegue ritmos frenéticos así como arrítmicamente pegadizos baseados na frescura menos actual do panorama musical. Léase Ramones, The Stooges, Los Ilegales... e un longo etcétera que marca cada compás do repertorio da banda, composto por versións dos antes mencionados e máis, así como por temas propios, todos escritos definitivamente nalgún mal momento de calquera dos seus membros. Todo un planazo para aqueles que nestas festas desexen cargar os xemelgos saltando e deixarse o peito a gargalladas..." |