|
Alumnos de toda a bisbarra participan na carreira Correlingua, co obxectivo de reivindicar o uso normalizado do galego tanto na escola como no resto da sociedade. Está previsto que asistan uns 1.500 rapaces dos institutos de Vilagarcía e outros municipios da bisbarra. Os participantes percorrerán 3,8 quilómetros dende a Avenida da Mariña. O percorrido discorrerá pola rúa Elpidio Villaverde, o paseo da zona TIR para enlazar co paseo marítimo das praias da Concha e A Compostela para chegar ó Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA), dende onde iniciarán o regreso ata o punto de partida. O evento rematará cun espectáculo do Xabarín, presentado polos Tonechos e no que un grupo de alumnos do Castro Alobre interpretará un rap reivindicativo.