|
A sala Caixanova acolle ata o venres 17 de novembro a exposición “Galicia, conservando a natureza”, unha mostra didáctica de carácter itinerante promovida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. “Galicia, conservando a natureza” é unha mostra que pretende dar a coñecer os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores desa protección ós diferentes espazos naturais de Galicia, e sensibilizar ó público sobre a importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade. A exposición está composta por 22 paneis e unha proxección. A exposición pode visitarse de 11.00 a 13.30 e de 18.30 a 21.00 horas.