|
A Concellería de Educación organiza unha charla coloquio a favor da tolerancia, na que participarán emigrantes retornados e inmigrantes residentes no Concello de Vilagarcía, tanto adultos como mozos. A actividade desenvolverase en tres partes: exposición inicial, relato das experiencias na emigración-inmigración por parte dos participantes, e coloquio con intervención do público. O coloquio estará moderado polo xornalista Eloy Magariños.