Observaciones |
|
|
Aasociación SIL en colaboración coas concellerías da Mocidade e Innovación organizan a Galaecia.Net 07, unha lan party na que ademais haberá conferencias de diversa temática relacionada coas novas tecnoloxías e a informática, música, concursos, xogos en rede, xogos de rol e de wii. Actividades para divertirse, compartir información e aprender. A cita será no pavillón da rúa Castelao e o único requisito para participar será levar o teu propio equipo informático para conectar en rede na infraestrutura para cen ordenadores que montará a organización. |