|
O Outorno Micolóxico clausurase na sala de conferencias do auditorio coa entrega de premios do VIII Concurso de Fotografía Micolóxica "Enrique Valdés Bermejo", do VII concurso de Debuxo Escolar, e tamén os colexios participantes na confección de maquetas sobre a natureza. O programa complétase coa actuación do actor vilagarcián Josito Porto. A continuación, dende as dez da noite, terá lugar no restaurante Cordal unha cea micolóxica para a cal poderán retirarse invitacións anta o 14 de novembro.