|
A compañía Teatro Buratini abre o tradicional ciclo de teatro infantil que organiza o Concello cada Nadal coa obra "Palabras de Caramelo". Trátase dun espectáculo de teatro e monicreques de variña sobre a mesa e sombras que, cunha interpretación apoiada na linguaxe de signos , fala da amizade, da poesía, das outras vías de comunicación, dos refuxiados, da morte e da superación de todas as dificultades, individuais e colectivas. Os protagonistas desta historia son Kori, un neno refuxiado saharaui que é xordo, e un camelo chamado Caramelo.