|
A explanada do Auditorio acollerá nesta ocasión o espectáculo pirotécnico co que, dende hai uns anos, se pon o broche de ouro ás festas de anta Rita unha vez rematada a procesión. O festival de fogos e madamas, un elemento tradicional das festas populares galegas, correrá da empresa pirotécnica Penide.