Observaciones |
|
|
Din que hai un segundo antes de morrer, no que até o máis tirado ten dereito a revisalo todo. Este é o punto de partida do espectáculo que presenta a compañía Ciudadano Frame, unha proposta de teatro multimedia na que todo está á vista. Non só o decorado polo que se moven Juanito Perighro (Pedro Alonso) e unha muller (Ángela Calderón), senón tamén a tremoia e os técnicos de iluminación, música, proxeccións, rexiduría, etc. |