Observaciones |
|
|
Quico Cadaval dirixe a obra de William Shakespeare, nunha montaxe do Centro Dramático Galego. "Noite de Reis" discorre en Ilíria: un país imaxinario á beira do mediterráneo. A intensa luz, a transparencia das augas e as rendas altas fan que os seus moradores se ocupen unicamente na preguiza e nas mais delicadas paixóns da alma: o amor, o loito fúnebre, o xogo de azar, o deporte náutico, o cocktail ea música italiana. Esta rotina hedonista será alterada para sempre por unha muller, Violeta, que chega náufraga ás praias de Iliria, indultada pola tempestade que afundiu o barco no que viaxaba na compaña do seu irmán. |