|
Espectáculo de títeres dirixido a rapaces de cinco anos en diante. A montaxe, baseada no libro de R. Kipling, está dirixida por Jorge Rey que, xunto con Carmen Domech, tamén manexa os monicreques. O espectáculo narra a coñecida historia de Mowgli, o cativo que, tras escapar das poutas do tigre Sherekan, pasa a vivir cunha familia de lobos.