|
Poderán particpar na IV Carreira Nocturna corredores a partir dos 5 anos de idade. A proba desenvolverase dende as 21:00 horas a través dun circuíto urbano que terá a saída e a meta na Praza de Galicia. A proba conta con 12 categorías, en función das idades dos participantes, para as que se establecerán percorridos de distinta lonxitude. A Carreira Nocturna está organizada pola Fundación de Deportes e patrocinada por Caixanova. Os corredores de menor idade recibirán medallas, haberá trofeos para os primeiros clasificados nas demáis categorías e premios en metálico de entre 200 e 30 euros para os cinco primeiros clasificados da proba absoluta, así como para os primeiros atletas masculino e feminino locais.