Observaciones |
|
|
Por séptima vez consecutiva, a Asociación de Amigos de Galicia, coa colaboración da Concellería de Cultura, pon en marcha a Festa do Bacalao, que xa se converteu nunha cita ineludible do Verán Vilagarcía. Será, coma sempre, na Praza da Peixería e haberá, ademais de degustación de bacalao, días dedicados a diversos peixes da ría. Todo iso acompañado de bos viños e de actuacións musicais e folclóricas. A VII Festa do Bacalao celébrase de acordo co seguinte programa:
MARTES 24 DE XULLO
Ás 13:30 horas lectura do pregón a cargo do Ex-Concelleiro de Cultura, D. Roberto Araujo Cortegoso
Día adicado ó peixe da ría: O CHINCHO
Actuacions folcloricas a cargo de: OS TERRIBLES DE AROUSA, que tocarán ó mediodía, e a ASOCIACION CULTURAL DE GAITAS MAR DE AROUSA, que farán a súa actuación pola tarde.
Ás 20:30 apertura de portas ó público.
MERCORES 25 DE XULLO
Día adicado o peixe da ría: O PIÓN
Actuacións folcloricas a cargo de: AGRUPACIÓN FOLCLORICA FROALLO, que actuará ó mediodia, e GRUPO DE GAITAS MOCEDADE DA TORRE, que tocará pola tarde. XOVES 26 DE XULLO
Día adicado o peixe da ría: A XOUBA
Actuacións folcloricas a cargo de: ASOCIACION CULTURAL NÓS DE SOBRADELO, que actuará ó mediodía, e ASOCIACION CULTURAL OS XIRIFEIROS, que tocará pola tarde.
VENRES 27 DE XULLO
Día adicado o peixe da ría: A XARDA
Actuacións folcloricas a cargo de: ASOCIACION CULTURAL NÓS DE SOBRADELO, que actuará ó mediodía, e GRUPO MUSICAL TENDERETE, que actuará pola tarde.
SABADO 28 DE XULLO
Día adicado o peixe da ría: A FANECA
Actuacións folcloricas a cargo de: ASOCIACION SOCIO-CULTURAL E DEPORTIVA FONTE FRIA, que actuará ó mediodía, e BANDA DE MUSICA DE VILAGARCIA-BIG BAND, que actuará pola tarde.
DOMINGO 29 DE XULLO
Día adicado o peixe da ría: O CHINCHO, O PION, A XOUBA, A XARDA E A FANECA.
Actuacións folcloricas a cargo de: ASOCIACION CULTURAL MALVEIRAS, que actuará ó mediodía, e TRIO SEMAFORO, que actuará pola tarde. |