|
A obra social Caixa Galicia promove o programa de actividades de medio ambiente LN42º, que terá lugar no auditorio de Vilagarcía ente o 27 e o 29 de novembro, polas tardes. A primeira xornada estará centrada no tema "A ría de Arousa a debate: problemática ambiental e posibles solucións". O segundo día terá lugar a presentación do libro "radiografía mabiental de Galicia" e a continuación terá lugar unha mesa redonda sobre "Contribución das empresas ó desenvolvemento sostible do Salnés". O mércores rematará a actividade cunha ruta polos xardíns históricos e árbores monumentais do Salnés, anticipio do debate sobre "Patrimonio arbóreo de Galicia e xestión forestal sostible". Todas as actividades terá entrada libre, salvo a ruta de turismo verde, que precisará inscrición previa. Toda a información sobre esta actividade pode atoparse no apartado Programa desta mesma web.