Observaciones |
|
|
A III Festa do Carneiro de Rubiáns comezará de xeito oficial o sábado ás 12:30 horas coa lectura do pregón que correrá a cargo de actor vilagarciá, Josito Porto. A degustación do carneiro asado iniciarase a continuación. As racións comporanse de carneiro asado, empanada, sobremesa e café e venderanse ao prezo de 13 euros. Como en edicións anteriores, os comensais poderán gozar destes saborosos manxares o sábado e o domingo, tanto á hora do xantar como da cea. O domingo o horario da cea acurtarase, deixándose de despachar ás oito da tarde.
Para evitar quedarse sen probar o carneiro, e sobre todo si se trata de grupos, a organización aconsella ós interesados en reservar con antelación. Deste xeito, ademais de garantir as racións e a reserva de mesas, facilitaranse ás previsións para os cociñeiros.
As carpas para o xantar contarán coa ambientación musical durante todo o día. O sábado pola mañá actuarán na Festa do Carneiro a charanga Vaite Xa e o Grupo de Gaitas de Rubiáns, mentres que pola noite haberá verbena a cargo do orquestra Bahía. O domingo amenizarán a mañá o Grupo de Gaitas de Rubiáns e Os Charangos de Neda.
A organización da Festa do Carneiro introduce este ano unha novidade para aqueles que desexen levar un recordo do evento. Para elo poranse á venta camisetas e panos conmemorativos que levarán serigrafiado un carneiro. As primeiras custarán 6 euros e os segundos 1,5.
|