|
A praia da Compostela acolle o sábado 9 e o domingo 10 a proba final do Campionato Galego de Volei-Praia, tanto en masculino coma en feminino. As eliminatorias previas celebraranse a partir das 10,00 horas, tanto o sábado coma o domingo. As finais, o mesmo domingo: ás 13,00 horas as femininas, e ás 14,00 horas, as masculinas.
A proba a celebrar en Vilagarcía é valedoira para o Campionato de España. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 8 de setembro na Federación Galega de Voleibol, polas mañás no teléfono 981 134 453, e polas tardes, nos móbiles 670 584 714 e 660 047 113. Ademais, toda a información está dispoñible na web: http://www.webgalega.com/fgvb .