|
Cinco modalidades de maios (cónicos, artísticos, cruces de maio, caixas e barcos) poderán exhibirse na Mostra dos Maios que se desenvolverá o 1 de maio na Praza da Peixería. A Concellería de Cultura concederá unha dotación económica a cada grupo participante que cumpra as bases, egundo o número de integrantes e si presentan ou non letrillas. O público poderá admirar os maios dende as 12:00 ás 14:00 horas e disfrutar das interpretacións das coplas por parte dos grupos.