Observaciones |
|
|
A Banda de Música de Vilagarcía rende unha homenaxe aos vellos cines de Vilagarcía (o Cervantes, o Fantasio e o Arosa) cun concerto no que se fará repaso ás melodías máis significativas da historia do cine. Baixo a direcciónd e Jesús Nogueira, a Banda de Música interpretará pezas de bandas sonoras de películas como Grease, O Rei León, Mary Poppins, A lista de Shindler, Harry Potter ou Jesucristo Superstar, facendo un repaso á obra cinematográfica do compositor Ennio Morricone, con sintonías míticas como a da película "El bueno, el feo y el malo", e tamén cunha selección de obras das películas de Disney.
Esta segunda función ven avalada polo éxito da estrea. neste caso, o concerto estará orientado cara o público infantil e xuvenil. |