Observaciones |
|
|
A festa da bicicleta celebrarase definitivamente o 10 de xuño, logo de que a choiva impedise a súa realización o 13 de maio, que era a data inicialmente prevista. A festa consistirá nun paseo ciclista de 12 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas, por diversos lugares do municipio. A saída farase ás once da mañá, dende Praza da Peixería. O percorrido será o seguinte: rúa Valle Inclán (cara Vilaxoán), polo carril bici, ata o Preguntoiro, volta polo mesmo camiño ata a Rosaleda, Fontecarmoa (tras cruzar a Avenida de Cambados), Cornazo de Abaixo, As Bocas, Rodrigo de Mendoza e regreso á Praza da Peixería tras atravesar o centro da cidade. Ó final do paseo haberá sorteos e premios, e todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. |