|
Vintecinco equipos participan nesta edición do Torneo de Fútbol Praia que se desenvolve dende o 19 de xullo ata o 25 de agosto nos dous campos habilitados nas praias de Vilagarcía. Un total de 300 xogadores participan este ano no torneo que se xoga en horario de mañá, con partidos ás 11 e as 12 do mediodía.