|
O Club Team Pitufo organiza, coa colaboración da Fundación de Deportes, a segunda proba do campionato galego 2007 de vehículos todoterreno a escala 1/8. A competición terá lugar o domingo, dende as nove da mañá, mentres que a xornada do sábado estará dedicada ós adestramentos.