![](../festas/Images/trans.gif) Observaciones |
|
|
Chega a Vilagarcía unha das montaxes que máis contribuiron ó rexurdir do musical en España. Trátase de Cabaret, un espectáculo que, logo de case tres anos de éxito en Madrid, ten en Vilagarcía a súa última parada dentro da xira que está realizar por todo o país.
Con Marta Ribera (Sally Bowles) e Victor Masán (Emcee) como protagonistas á fronte dun elenco de 30 cantantes-bailaríns-actores, Cabaret lévanos ó Berlín dos anos 30, unha época convulsa na que, co ascenso do nacismo como telón de fondo, asistimos a dúas historias de amor en paralelo.
Cabaret vai da ironía e a burla á traxedia e o grotesco. A historia transcorre no Kit Kat Klub, un sórdido cabaret no que as distintas personaxes se cruzan, intiman, se separan... baixo a atenta mirada do mestre de cerimonias, que exerce de narrador, mentres que o público se sitúa como espectador do propio cabaret no que está ambientada a historia.
En total haberá sete funcións deste espectáculo no auditorio. A estrea será o día 12 ás 22 horas e o 13, o 14 e o 15 haberá dúas funcións cada un, ás 19.30 e as 23.00 horas. |