Observaciones |
|
|
Tras a disolución de Golpes Bajos, Teo Cardalda decide en 1987 formar Cómplices xunto á súa parella María Monsonis e os reputados músicos Tino DiGeraldo e Billy Villegas. O seu primeiro álbum leva por título Manzanas (1988). Dende entón sucedéronse cinco discos máis e unha morea de éxitos que situaron a Cómplices no top da música pop española. En 1995 a parella decide tomarse un respiro e viaxar á India. Catro anos despois retoman a súa traxectoria discográfica con Cousas de Meigas (1999) e Cómplices (2000), dous discos nos que Teo e María percorren sons, aires, sentires, da terra galega e tamén da experiencia na india.
En 2001, María decide deixar o grupo para dedicarse aos 5 fillos que ten con Teo. Así que en 2002 Teo, xa en solitario, edita o noveno disco titulado "A veces”. En 2003, outra vez con María, realizan o seu segundo disco en vivo, que titulan "Grandes éxitos en directo", no que contan coa colaboración de Presuntos Implicados e de Antonio Vega entre outros. O seu máis recente traballo lanzouse en 2006 baixo o título de "Hello mundo cruel", de novo con María na formación.
GRAMOLA: Dúo formado polos vilagarciáns Lorena Pérez (voz) e Juanma Vicente (guitarra). Tralo seu paso por diversas formacións hai tres anos iniciaron a aventura de presentarse en solitario cun repertorio baseado fundamentalmente en clásicos da música das tres últimas décadas. Dende Police a Calamaro, dende os Creedende ata Norah Jones, extraídos en sinxela pero efectiva esencia. |