|
Os mellores equipos galegos de baloncesto en categoría infantil daranse cita neste campionato que se celebrará do 18 ó 20 de maio no recinto de Fexdega. Cada provincia contará con dous representantes, un en categoría masculina e outro en feminina. A competición está organizada pola Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Baloncesto, co patricinio da Fundación de Deportes de Vilagarcía.