Observaciones |
|
|
O musical chega de novo ao Auditorio de Vilagarcía da man de Cristian, artista vigués de longa trayectoria que acadou un notable éxito coas súas intervencións no programa Luar, da Galega. Nesta ocasión Cristian protagoniza e dirixe “La reina y el bufón”, o primeiro espectáculo en clave de music-hall que se produce en Galicia.
“La reina y el bufón” é un musical que leva de fondo unha sutil crítica social. As letras das cancións do espectáculo falan de cuestións como a xenofobia, o clasismo ou o dereito á sexualidade, sempre cun toque de humor e propiciando a participación do público.
A montaxe conta cun espectacular decorado e cunha coidada iluminación. Pero se algún aspecto destaca neste musical é o vestiario. Ata 114 traxes exclusivos, todos eles creados polo deseñador galego Marcos Carrera, lucirán os actores e os oito bailaríns que participan no espectáculo. |