|
Os nenos da cidade tamén poderán disfrutar do ambiente festivo en Santa Rita participando en Vilafesteira, as actividades lúdicas que organiza a Concellería de Xuventude e que se desenvolverán na Praza de Galicia (no colexio da Escardia en caso de choiva) o sábado, 19 de maio. Os nenos menores de 6 anos deberán ir acompañados dun adulto.