|
A compañía Teatro do Morcego represneta "O Burgués Fidalgo", a obra máis representativa de Molière. Dirixida por Celso Parada, o texto conta a historia dun rico comerciante que ansía codearse coa aristocracia, unha clase social máis elevada. Desta situación aprovéitase un noble que quere quedarse cos cartos do mercader. Esta comedia satírica, fai unha crítica mordaz a aquelas persoas que pretenden aparentar o que non son, un tema sempre de actualidade.