_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | DISCURSHOW: "Matarratos Darwin"
Fecha Inicio
  | 23/02/2010
Fecha Fin
  | 23/02/2010
Horario
  | 20:30
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre e de balde
Observaciones
 
| “Non é unha charla nin unha conferencia. Tampouco é teatro, nin un show… É un pouco de todo. É un discurshow”. Deste xeito presentan o actor e director de escena Vicente de Souza e o científico, divulgador e profesor da Universidade da Coruña Xurxo Mariño o espectáculo que crearon e que presentan o martes no Auditorio de Vilagarcía en dúas sesións. A primeira, ás doce do mediodía está dirixida a escolares. A segunda, ás 20.30 horas está aberta ao público en xeral.

Os “discurshows” son espectáculos que duran aproximadamente unha hora e media e que teñen por obxectivo “transmitir coñecemento dun xeito atractivo e divertido, mais sen abandonar o rigor”. Están pensados para todo tipo de público e traan temas relacionados coa ciencia e o coñecemento.
O Darwin meños coñecido
O primeiro dos “discurshows” creados por Souza e Mariño é Matarratos Darwin. Nel detállanse as anécdotas que normalmente non se contan da viaxe do gran naturalista británico a bordo do Beagle.
“Todos temos algunha idea de quen foi Darwin, algúns teñen algunha idea de en que consisten os seus traballos e teorías –desenvolvidas logo de dar a volta ao mundo utilizando para as etapas máis longas un barco chamado Beagle–, pero moi pouca xente coñece os motivos reais desa viaxe, as anécdotas que xurdiron e as aventuras e desventuras que viviu o mozo Darwin entre 1831 e 1836. Iso é o que contamos en Matarratos Darwin”, explican os seus creadores.
A imaxe idílica dun naturalista paseando pola selva e arrepañando plantas e bolboretas ten pouco que ver coa realidade á que se enfrontaba un científico inexperto no medio da Pampa arxentina ou entre os habitantes indíxenas de Terra do Fogo. Nos seus longos roteiros –case sempre a cabalo– Charles Darwin recollía –mellor dito, mataba, a tiros ou a marteladas– todo tipo de animais: armadillos, guanacos, cóndores, raposas, tartarugas, ratas e ratos. Moitos deles tamén os comeu, engaden.

Ademais, sufriu enfermidades, temporais, terremotos, escalou montañas e pasou frío, medo e, tamén, momentos de felicidade extrema ao contemplar o planeta Terra cunha mirada aberta, intelixente e chea de curiosidade.

“Matarratos Darwin e unha pequena visita ás aventuras dun naturalista inglés nun planeta descoñecido”, conclúen.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2007  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -