|
Un total de 18 alumnos do curso de fotografía organizado pola Concellería de Xuventude amosan os seus traballos nesta exposicións que, durante todo o mes de abril, poderá visitarse na sala Caixanova (último andar da sala Rivas Briones).
A mostra componse de 33 imaxes tomadas en Vilagarcía durante a celebración do curso e que teñen unha marcada compoñente artística. O fío conductor desta primeira exposición é, como o mesmo título indica, as cores. A cada alumno adxudicóuselles unha cor (vermello, azul, verde ou amarelo) que é a que predomina na fotografía.
O curso foi impartido polo fotógrafo José Luiz Oubiña e o deseñador David Lages, que se encargou da parte do retoque de imaxes. As fotografías que se inclúen na exposición tamén se poden ver a través de http://www.colores07.blogspot.com .