_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Actividades deportivas
Fecha Inicio
  | 12/05/2007
Fecha Fin
  | 27/05/2007
Horario
  | 00:00
Teléfono
  | 986 099 200, extensión 220
Observaciones
 
| Dende primeiros de maio Vilagarcía será escenario de diversas actividades deportivas, moitas das cales se inclúen no programa das festas de Santa Rita. A continuación ofrécese un pequeno resumo, atopándose información máis detallada de cada evento na sección "Deportes" desta páxina.

O 12 de maio terá lugar o play off da liga galega de división de honra de xadrez. O 13 de maio celebrarase a segunda proba do campionato galego de modelismo todo-terreno en escala 1/8. Ese mesmo día terá lugar a Festa da Bicicleta.

A seguinte fin de semana celebrarase en Fontecarmoa, de venres a domingo, o campionato galego de baloncesto masculino e feminino en categoría infantil. Ademais o sábado, día 19, desenvolverase no auditorio o XXIII campionato galego de físicoculturismo e fitness e nesa mesma xornada pasará polo municipio a Volta Ciclista da Ascensión. Tamén o 19, pola noite, celebrarase na Praza da Peixería o campionato de boxeo olímpico "Santa Rita 2007", coas entradas ó prezo de seis euros. A actividade da fin de semana péchase coa disputa do II Open Ironbaby Show no auditorio e unha exhibición de taekwondo dende as sete da tarde, no parque da Xunqueira.

O día 20 terá lugar a final do XIX torneo de tenis Santa Rita, organizado polo Club de Tenis o Rial e a Fundación de Deportes, e que se desenvolveu durante as fins de semana e festivos do mes de maio.

O propio día 22 disputarase o o XVI Trofeo Santa Rita de Pesca Corcheo en Porto, en augas de Vilaxoán, pola mañá, e xa pola tarde, na Lomba, celebrarase o Trofeo santa Rita de Fútbol.

Dende o 24 de maio comezará no auditorio o V Campionato semirápidas de xadrez, que se pechará o 26 con partidas en todas as categorías. Finalmente, o 27 de maio disputarase a XII marcha cicloturista organizada polo CC Lobeira, cun percorrido de 90 quilómetros.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2007  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -