Observaciones |
|
|
Dende primeiros de maio Vilagarcía será escenario de diversas actividades deportivas, moitas das cales se inclúen no programa das festas de Santa Rita. A continuación ofrécese un pequeno resumo, atopándose información máis detallada de cada evento na sección "Deportes" desta páxina.
O 12 de maio terá lugar o play off da liga galega de división de honra de xadrez. O 13 de maio celebrarase a segunda proba do campionato galego de modelismo todo-terreno en escala 1/8. Ese mesmo día terá lugar a Festa da Bicicleta.
A seguinte fin de semana celebrarase en Fontecarmoa, de venres a domingo, o campionato galego de baloncesto masculino e feminino en categoría infantil. Ademais o sábado, día 19, desenvolverase no auditorio o XXIII campionato galego de físicoculturismo e fitness e nesa mesma xornada pasará polo municipio a Volta Ciclista da Ascensión. Tamén o 19, pola noite, celebrarase na Praza da Peixería o campionato de boxeo olímpico "Santa Rita 2007", coas entradas ó prezo de seis euros. A actividade da fin de semana péchase coa disputa do II Open Ironbaby Show no auditorio e unha exhibición de taekwondo dende as sete da tarde, no parque da Xunqueira.
O día 20 terá lugar a final do XIX torneo de tenis Santa Rita, organizado polo Club de Tenis o Rial e a Fundación de Deportes, e que se desenvolveu durante as fins de semana e festivos do mes de maio.
O propio día 22 disputarase o o XVI Trofeo Santa Rita de Pesca Corcheo en Porto, en augas de Vilaxoán, pola mañá, e xa pola tarde, na Lomba, celebrarase o Trofeo santa Rita de Fútbol.
Dende o 24 de maio comezará no auditorio o V Campionato semirápidas de xadrez, que se pechará o 26 con partidas en todas as categorías. Finalmente, o 27 de maio disputarase a XII marcha cicloturista organizada polo CC Lobeira, cun percorrido de 90 quilómetros. |