|
A asociación cultural Os Anxos e a asociación de mulleres rurais de Trabanca Sardiñeira organizan o festval anual que este ano leva o título “A forza do noso soño”.
Máis de cuarenta persoas ide diferentes idades ntervirán no espectáculo que aglutina números de diversos xéneros e no que levan traballando máis de dez meses.
O festival terá unha duración aproximada de dúas horas nas que se sucederán diversos números. A maior parte deles serán de carácter musical, con variadas coreografías, pero tamén haberá scketches de humor, mimo e a actuación do grupo de pandereteiras da asociación. Os organizadores anuncian algunha que outra sorpresa, como por exemplo un vídeoclip musical protagonizado por políticos locais.