Observaciones |
|
|
Un ano máis, a Concellería de Xuventude programa “Música na Rúa”, co obxectivo de dar a coñecer os novos grupos da cidade. Nesta ocasión haberá dúas sesións, as dúas no parque da Xunqueira, ás 23 horas, os días 1 e 2 de setembro. O día 1 actuarán Cornelius, Vado Permanente e Tenderete. O día 2, Salida de Emergencia, Pares y Nores, e Thoissane Percussion. En caso de choiva, a actuación trasladaríase para a Praza de Peixería. CORNELIUS ten un curta pero xa sólida traxectoria. No en van, a súa primeira maqueta xa foi escoitada en prime time da Cadena 100 Galicia e na Radio Galega, estando tamén varias semanas no número 1 do Maketón 40 Principales. O seu último éxito foi meterse no cartel do Festival do Norte. VADO PERMANENTE é unha banda que nace en setembro de 2000, cando cinco mozos de entre 17 e 19 de anos deciden xuntarse para facer música. Recentemente gravaron o seu primeiro disco, “Debo más de lo que puedo”, once temas nos que a banda, influenciada polos seus admirados e mitificados The Black Crowes, Jimmy Hendrix ou Lenny Kravitz, deixa patente a súa frescura e o seu particular son sureño. TENDERETE é un inusual proxecto musical nado nos primeiros meses do 2006, que trata de darlle unha volta macarra e visceral ó máis clásico tango arxentino. Trátase de cinco vilagarciáns de procedencia e gustos musicais moi diferentes, dende a música clásica ó rock&roll, pero todos unidos polo desexo común de pasalo ben facendo música e pola paixón por ese “sentimento que se baila”, o tango.
|