|
Dende o primeiro de maio e ata o 20 deste mes dispútase nas pistas de tenis do complexo de Fontecarmoa e no club de tenis O Rial o XIX Torneo de tenis "Santa Rita", organizado polo club de tenis O Rial coa colaboración da Fundación de Deportes. Haberá competición todos os venres, sábados e domingos, así como o día 17 de maio, que tamén é festivo. Uns 350 tenistas tomarán parte neste torneo de categoría infantil, que está considerado como o mellor torneo da comunidade autónoma desta categoría pola Federación Galega de Tenis.