|
"Engado" é o título do espectáculo que trae a Vilagarcía a Nova Galega de Danza, a compañía galega independente máis exitosa do 2004, segundo o estudo anual da SGAE. "Engado" é unha producción que profundiza no proceso de fusión e que fala da fantasía e da realidade nas vidas das persoas.