Observaciones |
|
|
Con motivo do seu 45 aniversario, a Coral "Máximo Patiño", de Vilaxoán, organiza ó longo do mes de novembro unha serie de concertos e actos culturais no salón da Confraría de Pescadores "Virxe do Rosario".
Sábado, 3 de novembro, 20:00 horas. Concerto da Big Band de Vilagarcía.
Sábado, 10 de novembro, 20:00 horas. Cuarteto Ruada, de Marín e Coral Santa Comba, de Cordeiro (Valga).
Domingo, 11 de novembro, 13:00 horas. Agrupación Cultural Nós de Sobradelo.
Sábado, 17 de novembro, 20:00 horas. Orquestra de pulso e púa "Arousa", do Liceo-Casino de Vilagarcía e a Coral Xuntanza, de Meis.
Sábado, 24 de novembro, 20:00 horas. Grupo de corda, acordeón e voces "Manso e Amigos", de Cambados e Coral Polifónica Máximo Patiño", de Vilaxoán.
Domingo, 25 de novembro, 12:00 horas. Misa na honra de Sta. Cecilia cantada pola coral Máximo Patiño e acompañada ó órgano por Alfonso Galbán e ós violíns por Jorge e Merino. |