Observaciones |
|
|
Ana Loriente naceu en Madrid e vive en Cantabria. A súa vinculación familiar con Vilagarcía levouna a organizar esta primeira mostra de pintura e instalacións no Auditorio de Vilagarcía, que estará aberta ata o día 27 de xullo.
Loriente é profesora de debuxo en Santander. A súa carreira artística nace nos anos 80 e se consolida nos 90, coa súa participación no Equipo O/Y, de Madrid, no que xunto, con outros dous compoñentes, participou na Feria internacional de arte moderno de Valencia (2001).
Tamén con O/Y formou parte da exposición titulada Piscifactoría urbana, na Galería Nájera, de Madrid, e recibiu o primeiro premio á mellor montaxe da Interart de Valencia en 2000. Xunto coa actividade plástica propiamente dita, O/Y fixo deseños de fontes para a Feira Internacional de Mobiliario Urbano e a Semana Internacional de Urbanismo e Medio ambiente TEM 2000, en Madrid. En 1998 participou na exposición Elogio a los muertos en el mar, vídeo instalacións e escultura, en Castro Urdiales.
Esasinspiraciones, no Auditorio de Vilagarcía, é a primeira intervención individual da artista, logo de deixar ó equipo O/Y. |