|
A compañía galega Teatro do Noroeste versiona este clásico de William Shakespeare, trasladando o drama intemporal a nosa época. O amor incomprendido polas familias enfrentadas dos mozos Romeo e Xulieta escenifícase conxugando catro elementos esenciais: o Destino, a Acción, o Amor e a Morte. E todo interpretado como unha curiosa mirada ao fenómeno que só se cura cos anos: a mocidade.