|
A Asociación Micolóxica A Cantarela organiza o tradicional ciclo de conferencias dentro do programa do Outono Micolóxico e a XXVI Semana Micolóxica Galega.
A terceira xornada do ciclo terá como tema os “Cogomelos das praias” e será José M. Castro Marcote, presidente da Agrupación Micolóxico naturalista “Pan de Raposo”, de Cee o encargado de impartir a sesión.