|
O humorista arxentino afincado en Vilagarcía presneta no Centro Sociocultural do Sixto unha serie de monólogos baseados nas diferencias culturais existentes entre Galicia e Arxentina, todo, por suposto, en clave de humor e a raíz da súa experiencia persoal. O espectáculo leva por título "¿Madre patria o hijos nuestros? Un ejercicio de intercambio cultural" e nel, Al intercala algún que outro tema musical.