Observaciones |
|
|
O actor e humorista galego, Manuel manquiña, célebre, entre outros polo seu papel na película “Airbag”, chega a Vilagarcía cun espectáculo inspirado no movemento do 15M.
A verdadeira indignación non acampa nas prazas. A verdadeira indignación lévase dentro.manuel manquiña está indignado e vai falar, por fin, de política. De Hitler, Nerón, Berlusconi, Zapatero e Belén Esteban. De como os depravados pasan á historia e os bondadosos podrecen no esquecemento. Se pensas que xa estás suficientemente indignado, non veñas. Se necesitas unha dose extra de barbarie, non o dubides. Sairás indignado. |