|
O Minilectoriño é un lugar para o fomento, difusión e a animación á lectura a través dunha serie de actividades lúdicas e formativas dirixidas a nenos/as das parroquias de Vilagarcía
Con esta actividade búscase promover a literatura infantil e xuvenil dada a importancia da adquisición dun hábito lector para a formación e a educación las personas en xeral e dos mozos /as en particular, todo elo nun marco lúdico, a través dunha serie de actividades que fagan da lectura unha práctica activa e divertida da vida cotidiá.
Horario: de 10.30 h a 13.30 h.
Lugares:
Guillán (Casa da Cultura): do 7 ao 10 de xullo. Solobeira (Local social): do 21 ao 23 de xullo. Trabanca Badiña (Casa da Cultura) : do 28 de xullo ao 1 de agosto. Cea (Casa da Cultura): do 4 ao 8 de agosto. Rubiáns (Casa da Cultura): do 11 ao 14 de agosto. Bamio (Casa da Cultura): do 18 ao 21 de agosto. Sobradelo (Casa da Cultura): do 25 ao 28 de agosto.