|
O Auditorio acolle os días 20 e 21 de maio a fase escolar do Torneo de Semirápidas de Xadrez Santa Rita. Uns 120 xogadores locais e de municpios da bisbarra pertencentes ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete participarán nesta competición incluída no Circuíto Escolar Galego. As partidas xogaranse en horario de tarde. Os participantes recibirán como premio un libro sobre xadrez.