|
Durante toda a mañá e ao longo de toda a tarde do día de Santa Rita, a música estará presente en todas e cada unha das rúas e recunchos da cidade. Os grupos de gaitas Mocidade da Torre e Os Terribles de Arousa, xunto coas charangas Mekánica e Apeles, serán os encargados de animar o día grande das festas na honra da avogada dos imposibles.