|
Durante o día de Santa Rita, a igrexa do Conventio de Vista Alegre acollerá misas continuadas cada hora, dende ás seis da mañá e ata ás oito da tarde co obxecto de que os milleiros de devotos que acoden a Vilagarcía durante esta xornada poidan honrar a avogada dos imposibles. A misa solemne celebrarase, como é tradición, ás doce do mediodía e a Coral Cortegada será quen a cante.