Observaciones |
|
|
O Liceo Casino organiza co patrocinio do Concello, entre outras entidades e institucións, un ciclo de teatro de marionetas que se complementa coa exposición "Un mundo de títeres" do 22 ó 27 de maio no LIceo e cun obradoiro de confección de marionetas o sábado día 26, en horario de mañá e tarde, na Praza de Galicia.
As funcións programadas son as seguintes:
-Martes 22 de maio. "Contos para todo o ano", a cargo de Teatro Buratini. 18.00 h. Praza de Galicia.
-Xoves 24 de maio. "Que viene el lobo!", de Kamante Teatro. 11.00 h. Praza da Peixería (sesión para escolares).
-Venres 25 de maio. "Huevito de ida y vuelta", de Asomados y escondidos. 11 h. Praza da Peixería (sesión para escolares).
-Venres 25 de maio. "Hip, hip, hurra", de Viravolta. 19.00 h. Praza de Galicia.
-Sábado 26 de maio. "Mamulengo de Xoán Redondo", de Teatro de formas animadas. 13.00 h. Praza de Galicia.
-Sábado 26 de maio. "Miseria", de Fantoches Baj. 19.00 h. Salón de actos do Liceo Casino.
-Domingo de 27 de maio. "Pequeños contos", de Cía. Inclusive arte. 13.00 h. Praza de Galicia. |