_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | O Lectoriño
Programa
  | Concellería de Xuventude e Solidariedade
Fecha Inicio
  | 23/04/2008
Fecha Fin
  | 27/04/2008
Horario
  | 17:30
Lugar
  | Auditorio
Observaciones
 
| O Auditorio Municipal acolle unha nova edición do Lectoriño, a mostra do libro infantil e xuvenil que este ano amplía contidos con actos de carácter máis lúdico, actividades orientadas ao público adulto e con exposición de xogos populares e xoguetes antigos. Trece editoriais participan na mostra e presentan nela as súas últimas novidades.

PROGRAMA

Mércores 23 de abril:
Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias.
17:30 horas. Apertura da exposición e inauguración.
18:00 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares.
19:30 horas. Actuación do grupo Mamacabra.

Xoves, 24 de abril:
Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias.
17:30 horas. Club Galexogo. Obradoiro de xogos populares.
19:00 horas. Presentación do disco-libro PeloGato 24 por iniciativa do colectivo Casaescola.

Venres, 25 de abril:
Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias.
17:30 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares; Reciclaxogo. Obradoiro de xoguetes con material de refugallo.
19:00 horas. Cóntoche unha historia de… Animais!
19:30 horas. Facemos…. “calcetíns parlanchíns” (Obradoiro de monicreques).

Sábado, 26 de abril:
Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias.
10: 00-14:00 horas. Presentación do colectivo Casaescola
Obradoiro “Xogando a ser eu”, a cargo de Manuel Solla Barragás. Destinado a pais, nais, educadores/as. Previa inscrición no 986 099 200 extensión 224.
De forma paralela celebrarase un obradoiro infantil para que os pais poidan asistir á actividade de adultos e deixar aos nenos divertíndose.
17:30 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares.
18:30 horas. Cóntoche unha historia de … Medo!
19:30 horas. Espectáculo de maxia.

Domingo, 27 de abril:
Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias.
17:30 horas. Club Galexogo.
18:30 horas. O show dos paiasos.

E todos os días:
Exposicións de Xoguetes Antigos do Museo Galego do Xoguete
Mostra de Xogos Populares da asociación Cultural de Xogos Populares O Cadaval
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2008  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -