Observaciones |
|
|
Completo espectáculo musical deste consagrado artista Arxentino, en tres tempos. Unha primeira parte dedicada ao folclore arxentino, acompañado pola cantante Ángeles Ruibal, interpretando temas de Atahualpa Yupanqui, Armando Tejada e novas composicións do propio Cambas.
A segunda parte está centrada no tango. Cantará xunto a Jorgelina Piana, potentísima voz arxentina. Escoitaremos tangos tradicionais de Carlos Gardel ou Mariano Montes, e tamén pezas do tango máis avanzado en composicións de Astor Piazzolla e autores contemporáneos como Néstor Basurto.
Finalmente, na terceira parte, tócalle ao fado e a música galega instrumental e vocal coa participación da increíble Montse Alonso. A duración do espectáculo é de dúas horas. |